viernes, 22 de enero de 2010

A necesidade de coidar o noso planeta


Hola a todos!

Hoxe comenzo o meu novo blog sobre a importancia de conservar puro e limpo o noso planeta. Principalmente sobre a necesidade de empregar enerxías renovables.

Como todos sabemos, estamos a vivir un momento de grande crise medioambiental, o noso planeta se resente por todos os danos que lle fixemos e seguimos facéndolle actualmente.

A enerxía primaria empregada en España provén, en máis dun 80%, de combustibles fósiles (petróleo, gas e carbón). Esta característica do noso suministro enerxético alonxanos dos compromisos do Protocolo de Kioto. As enerxías renovables non so reducen as emisións de gases do efecto invernadoiro, senón que tamén aseguran un suministro enerxético autóctono e seguro, sen dependecia de recursos e tecnoloxías externos,

O cambio climático é un claro exemplo das quiexas que estamos recibindo, de maneira moi directa, do noso planeta. É necesario que tomemos cartas no asunto e comecemos a respetar a natureza que nos foi concedida, para que todos poidamos disfrutar dela o maior tempo posible.
Debido a todo isto gustaríame falarvos da ''Asociación de Productores de Energías Renovables''
(APPA).

Esta asociación pretende contribuír a crear as condicións favorables ao desenvolvemento das enerxías con fontes renovables coa súa actuación nos seguintes ámbitos:


- APPA sensibiliza á opinión pública sobre a necesidade de empregar na producción se electricidade fontes que garantizan un desenvolvemento sostible e que respetan o medio ambiente, coma o son as renovables.


- Appa dialoga con entidades públicas e privadas sobre os diferentes aspectos que implica a súa actividade.


- APPA coordina con entidades docentes de todos os niveis as tareas de divulgación e investigación sobre as enerxías renovables

No hay comentarios:

Publicar un comentario